Que é RGPD?

O Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR) é a nova normativa que regula a protección dos datos dos cidadáns residentes na Unión Europea e todo autónomo ou peme que estea en contacto con datos persoais está obrigado a cumprir o seu mandato.

O regulamento entrou en vigor o 24 de maio de 2016, pero é obrigatorio dende o 25 de maio de 2018.

O incumprimento do GDPR pode dar lugar a sancións de entre o 2% e o 4% da facturación anual global.

Por que escoller GTAB para auditar e implementar o GDPR?

Somos unha empresa especializada en soporte informático. A diferenza doutras empresas que ofrecen este tipo de auditorías, non somos só procesadores, senón que podemos realizar as modificacións técnicas necesarias para implantar o RGPD sen necesidade de acudir a outra empresa externa para o seu cumprimento.

Por exemplo, se a túa empresa está a facer unha copia de seguridade nun disco duro externo, debes cifrar dita copia para cumprir coa normativa. Outras empresas que realizan implantacións dinche isto, pero despois tes que chamar a un informático para que realice esta tarefa. Non obstante, con nós este servizo está incluído e nós encargámonos de realizar o cifrado, aforrándoche tempo e diñeiro.

Tamén viaxamos ao teu negocio e avaliamos as súas características para aplicar correctamente as medidas.

Canto custa o servizo GDPR para autónomos e pemes?

As nosas tarifas dependerán das características do negocio (número de equipos, nivel de risco…) e do número de persoas que traballan na empresa e que teñen acceso a datos privados.

Para coñecer o custo exacto de implantación para a súa empresa, solicítenos un presuposto sen compromiso, o noso técnico especializado acudirá ao seu negocio sen custo* para avaliar as medidas a aplicar e indicar o prezo correspondente, así como para resolver calquera dúbidas que poidan xurdir..

* A viaxe será gratuíta nun radio de 25 km de Redondela.

Para axudar á túa empresa a cumprir coa lexislación vixente, implementamos RGPD – LOPD ao mellor prezo: Desde só 200€ + IVE.

NECESITAS ALGÚN DOS NOSOS SERVIZOS?